Un neno perdeuse Nunha illa deserta,abandoada polos seus habitantes. Como facía frío buscou materiais para acender lume, e despois de levalos ata o campamento, descubriu que uns ardían e outros non. Despois de apilalos nun montón e de meditar sobre o asunto, a súa clasificación tiña o seguinte aspecto: Arderan : Ramas de árbores, Paos de vasoira, Lapices e Patas de silla. Non arderan : ladrillos, pratos vellos, cristais e matriculas de cocheA organización da súa información foille dunha boa axuda na búsqueda. Sen embargo, cando empezaron a escasear as ramas das árbores e os paos de vasoira, o neno tratou de atopar unha regularidade (algo que tiveran en común cada grupo) que lle servira de norma para atopar novos materiais dispoñibles. Mirando a súa clasificación da relación de obxectos que ardían e comparándoos cos que non o facían, deuse conta dunha aparente regularidade e pensou nunha posible xeneralización que presentaba a seguinte forma: “OS OBXECTOS CILINDRICOS ARDEN”. O neno alegrouse moito do seu descubrimento porque polo menos representaba unha eficaz forma de recordar. O dia seguinte continuou buscando combustibles pero olvidou levar a lista, sen embargo, como recordaba a regra cilíndrica volveu o seu campamento con unha póla de arbore, medio poste de telefonos e unha ducia de bolos. Cando comprobou que todos ardían, púxose aínda máis contento de non haberse molestado en carretar un radiador de automovil, un cacho dunha cadea e unha porta de madeira, que, como non eran cilíndricas, non deberían arder. Por resultar certas as súas prediccións, o neno chegou a ter confianza na súa xeneralización, e o día seguinte, guiado pola súa regra, volveu cargado con tres trozos de tubería, dúas botellas de cervexa e un eixe dun coche vello, despreciando unha enorme caixa de cartón chea de periódicos. Durante a longa e fría noite seguinte o neno chegou as seguintes conclusións: A/ É posible que a regra cilíndrica non teña ningunha relación coa combustión. B/ Sen embargo os paos de vasoira, os bolos e as pólas de árbore arden.C/ Será mellor que mañá leve a lista comigo.Pero pensando de novo sobre a famosa lista, deuse conta doutra posible regularidade que complementaba a información recentemente adquirida coas observacións anteriores: “OS OBXECTOS DE MADEIRA ARDEN” Nese mesmo momento lamentou haber deixado a porta de madeira e volveu por ela comprobando asombrado que a súa prediccion era acertada. O neno recuperou a confianza en si mesmo e decidiu anotar tódalas súas observacións por se lle puideran ser útiles nalgunha ocasión. Estas son algunhas:- Os obxectos de madeira seca arden mellor cós de madeira húmida. (Será mellor protexer os meus combustibles da choiva).- Os restos e as cinzas da combustión non volven a arder. (Acaso a madeira ten algo que se perde na combustión).- Cada día resulta máis difícil encontrar obxectos de madeira; probarei con outros obxectos como cáscaras de noces, e raíces.O neno non puido acabar as súas investigacóns porque o dia seguinte foi rescatado.CUESTIÓN: ¿Qué método utilizou o neno para realizar a súa hipótese?
1 comentario
Anónimo -