Descartes e o xenio maligno
Descartes no seu proceso da dubida chega dudar das matemáticas, facendo unha hipotese do" xenio maligno":
Aínda así, parece que hai algúns coñecementos dos que razoabelmente non podo dubidar, como os coñecementos matemáticos. Sen embargo Descartes expón a posibilidade de que o mesmo Deus que me creou puidéseme crear de tal maneira que cando xulgo que 2+2 = 4 estéame equivocando; é un feito que, ás veces, permite que me equivoque, polo que podería permitir que me equivocase sempre, incluso cando xulgo de verdades tan "evidentes" como as verdades matemáticas. Nese caso todos os meus coñecementos serían dubidosos e, polo tanto, segundo o criterio estabelecido, deberían ser considerados todos falsos.
Sen embargo, xa que a posibilidade anterior pode parecerlle ofensiva aos crentes, Descartes expón outra opción: a de que exista un xenio malvado que estea intervindo sempre nas miñas operacións mentais de tal forma que faga que tome constantemente o falso por verdadeiro, de modo que sempre me engane. Neste caso, xa que son incapaz de eliminar tal posibilidade, posto que realmente me engano a veces, hei de considerar que todos os meus coñecementos son dubidosos. Así, a dúbida ha de extenderse tamén a todos os coñecementos que non parecen derivar da experiencia.
podes ver un video relacionado pincha aqui

0 comentarios